O executivo noiés vén de rematar diversas tarefas de mantemento na piscina municipal

NOIA> As actuacións consistiron basicamente na reparación das fendas e na mellora no illamento e pintado das instalacións. Ademais de ser moi necesarias, con elas mellorouse a imaxe e o confort das instalacións.

As melloras realizadas na piscina municipal supuxeron un investimento no seu total de ó redor duns vinte mil euros. A actuación consistiu basicamente na reparación das fendas e na mellora no illamento e pintado das instalacións. As obras permitiron mellorar a imaxe do edificio.

Por outra banda tamén se realizou unha reordenación das instalacións no seu interior.

Este investimento realizado complementa outras actuacións xa realizadas anteriormente nas instalacións como a mellora da accesibilidade e a instalación de aseos adaptados, experimentando así unha mellora moi significativa en canto a imaxe e confort para o seus usuarios.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí