O BNG teme o desmantelamento da flota do arrastre e da baixura

    bieitolobeirareducioncotas.jpgBARBANZA> Por esta razón insta á corrección urxente dos topes autorizados de capturas polo Consello Europeo no caladoiro do Cantábrico Noroeste.

    {flowplayer}barbanza/bieitolobeirareducioncotas.flv{/flowplayer}

    A drástica redución dos totais admisibles de capturas acordada polo Consello Europeo de Ministros de Pesca sitúan á flota galega, segundo os nacionalistas, nun camiño sen saída. De non rectificarse esta decisión, moitos armadores veríanse obrigados ó despece das embarcacións, coas graves consecuencias que tería a desaparición da flota nas vilas pesqueiras.

    Intereses económicos

    O voceiro de Pesca do BNG considera que os acordos adoptados en Bruxelas non responden a unha necesidade real de recuperación do caladoiro senón que favorece intereses económicos doutros estados.

    Estudos recursos

    Os nacionalistas instan ó Instituto Nacional de Oceanografía a realizar estudos reais da situacións dos recursos pesqueiros. Ademais fan un chamamento á cidadanía para defender os intereses da flota da que depende boa parte da economía galega.

    Redacción Barbanza