O Banco Santander organiza en Noia unha carreira en favor da Cruz Vermella

    NOIA> Este sábado terá lugar unha nova edición da carreira ‘Un, dous, Tres, a correr’. Trátase dunha proba organizada polo Banco Santander en colaboración co concello de Noia co obxectivo de recadar fondos para a Cruz Vermella. Solidariedade e deporta van da man na carreira que este sábado terá lugar en Noia. A proba, impulsada polo Banco Santander en colaboración co concello de Noia’ destinará boa parte dos fondos recadados a través das inscricións a asamblea local da Cruz Vermella. Os interesados xa poden anotarse tanto na oficina do Banco Santander como na web www.123acorrer.es . Tamén se admitirán inscricións no mesmo día da proba. A carreira dará comezo ás sete e cuarto da tarde coa saída dende a Rúa de Galicia das categorías infantís. Trala entrega de premios ós pequenos gañadores dará comezo a proba principal cun percorrido de oito quilómetros. Polo momento xa hai cento oitenta inscritos. Dende a organización agardan chegar ós trescentos corredores do ano pasado no que se recadaron mil cincocentos euros.Como novidade este ano tódolos participantes recibirán unha camiseta conmemorativa. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/05maio/23/presentacion_carreira_solidaria_cruz_vermella_noia_2305171.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/05maio/23/presentacion_carreira_solidaria_cruz_vermella_noia_230517.mp4{/flowplayer}