O BNG pide a instalación dun semáforo nun acceso ó porto de Palmeira

    RIBEIRA> O BNG de Ribeira solicita a instalación dun semáforo no cruce do porto coa rúa da Canle en Palmeira. Na actualidade, o acceso a este tramo é dirección prohibida polo que os condutores deben dar a volta a todo o núcleo para chegar a este punto. Non é a primeira vez que os nacionalistas de Ribeira promoven medidas para o incremento da seguridade viaria na parroquia de Palmeira. Nesta ocasión, recollendo as demandas veciñais, solicitan a instalación dun semáforo no acceso do porto á rúa da Canle. Deste xeito, evitaríanse os frecuentes colapsos que se rexistran na zona, especialmente no verán, xa que os condutores teñen que dar toda á volta e saír á estrada xeral para poder volver a entrar a esta zona. Os nacionalistas inclúen tamén na moción a solicitude dunha praza de estacionamento para minusválidos.