Noia quenta motores para a Feira Medieval que arranca este venres

    NOIA> Xa está todo a punto en Noia para acoller a feira medieval que se celebrará esta vindeira fin de semana, do 15 ó 17 de xullo. A feira, que chega este ano á súa dezanove edición, pretende volver á súa esencia de antano, dándolle maior protagonismo á artesanía e ós obradoiros en vivo. Trátase dunha das celebracións máis representativas e con maior sona da vila, xunto coa festa de San Marcos, razón pola que o concello trata de implicarse cada vez máis. Este ano prevese unha volta ó que era a propia esencia da feira nos seus inicios, dándolle maior protagonismo á artesanía e ós obradoiros en vivo. Outra das novidades será a ampliación da feira a unha nova rúa, que estará pechada ó tráfico eses días. Será da Carreiriña a Porta da Vila. Ó longo dos tres días desenvolveranse numerosas actividades para todo tipo de públicos. Destacan as actuacións en directo na igrexa Santa María a Nova e tamén os espectáculos itinerantes e o tradicional torneo medieval no peirao do marqués. Cun investimento duns 75 mil euros, dende o concello afrontan esta décimo novena edición da feira con ilusión renovada para seguir consolidando esta cita festiva como un dos referentes a nivel autonómico. Por primeira vez instalaranse aseso públicos por distinta zonas do caco histórico e ademais das forzas da orde públicas, reforzarase a vixilancia da feira con seguridade privada, co fin de evitar posibles incidentes.