Catro detidos e un policía ferido nunha operación antidroga no Bao

     POIO> Hai catro novos detidos no marco dunha operación antidroga que ven de pecharse no poboado xitano do Bao, en Poio.

    {flowplayer}images/salnes/redada_antidroga.flv{/flowplayer}

    Axentes do grupo de Tráfico Medio da Policía Nacional de Pontevedra, da UIPE, de antidisturbios e un helicóptero despregaron esta mañá un intenso dispositivo nesta aldea chabolista ó fío dunha investigación conectada ca detención á semana pasada de sete colombianos por tráfico de estupefacientes.

    As pesquisas levaron ós axentes da orde ata o Bao onde se incautaron hoxe de 48 gramos de heroína, 15 papelinas de cocaína e demais sustancias de corte e efectos para preparar a droga para a súa venda. Arestora os catro detidos están á espera de pasar a disposición xudicial.

    Cabe agardar ó informe policial de mañá para coñecer os detalles desta operación que transcende a nivel nacional do tráfico deste estupefaciente, a heroína, que é a día de hoxe, unha das máis perigosas para a saúde. O interesante para os traficantes desta sustancia é o seu prezo no mercado, cuxo quilo de heroína rolda os 32.000 euros.

    Cabe salientar, como adoita acontecer no Bao, que este forte operativo policial, foi recibido a pedradas. Na intervención resultou ferido leve un axente aínda que non polo impacto das pedras, senón por unha caída na intensidade da arribada.

    Redacción Salnés