![]()
VILAGARCÍA> A xoven vilagarcián Jessica Bouzas ven de proclamarse campiona galega de tenis en categoría alevín. Menor en idade que o resto de participantes non partía nin como cabeza de serie, pero acabou dando a sorpresa e levándose o torneo.
{flowplayer}images/salnes/ReporTenis_190313.flv{/flowplayer}
Jessica Bouzas ten tan só dez anos pero xa pode presumir de ser campiona galega de tenis, na categoría alevín. Fíxoo a pasada fin de semana en Sanxenxo e non foi sinxelo porque enfronte súa estaban outras rapazas un e dous anos maiores ca ela. Nin estaba entre as favoritas, nin como cabeza de serie, pero foi quen de avanzar rolda a rolda, levantarse dun 5-1 en contra nos cuartos e plantarse na final para vencer á primeira favorita por un contundente 6-2 e 6-2.
Jessica adestra seis horas semanais no club de Tenis O Rial, ás ordes de Dani Otero, un dos grandes culpables do éxito desta rapaza. Entre os puntos fortes de Jessica, a dereita paralela e o revés cruzado. Tamén ten cousas por mellorar.
Nun deporte tan exixente coma o tenis sería aventurarse demasiado pensar que Jessica podería adicarse profesionalmente a elo. Sen embargo, non o desbota. O seu obxectivo é polo tanto chegar ó máis alto como os tenistas que ela idolatra, Rafa Nadal e Maria Sharapova.
Redacción Salnés








