O Centro Social de Vilaxoan non se libra da vaga de roubos

     VILAGARCÍA> O domingo os ladróns entraron no Bar Eiras e o martes fixérono no Centro Social. Leváronse a recadación do futbolín e do billar.

    {flowplayer}images/salnes/RouboCentroSocial_200313.flv{/flowplayer}

    O Centro Social de Vilaxóan, que comparte instalacións co club de remo e a asociación veciñal, sufriu importantes destrozos. Foi na madrugada do luns ó martes cando os ladróns accederon ó edificio por unha ventá traseira e destrozaron todo o que se atoparon en busca de cartos.

    Tan só foron quen de levarse o recadado polo futbolín e o billar, que quedaron inservibles. Tamén o intentaron coa caixa rexistradora; rompérona e leváronse os cartos que había nela. Os danos concentráronse principalmente no bar. Ademais, accederon ó local da asociación veciñal, no que había un ordenador, que non tocaron. Segundo Feliciano Suárez é complicado cuantificar as perdas.

    Existe  moita preocupación en Vilaxoan por esta vaga de roubos da que aínda non hai a quen culpar. Os feitos xa foron denunciados á Policía, que podería estar moi preto da pista dos culpables destes roubos.

    Redacción Salnés