Os alcaldes de esquerdas chaman á manifestación pola sanidade pública

     PONTEVEDRA> Alcaldes e representantes do PSOE e do BNG da área sanitaria de Pontevedra fan un chamamento á cidadanía…

    {flowplayer}images/salnes/previa_manifestacion_sanidade.flv{/flowplayer}

     … para que se manifesten este xoves nesta capital de provincia en contra dos recortes e en defensa da Sanidade pública, máis en concreto, a prol da ampliación do Hospital de Montecelo.

    Estes alcaldes socialistas e nacionalistas reafírmanse na idoneidade de ampliar o Hospital de Montecelo no canto de construír un novo centro en Montecarrasco, tal e como ven de darlle a razón o tempo. En plano máis amplo, entenden que se está a beneficiar a medicina privada en detrimento da pública, o que dará en mermar a calidade dun das mellores sanidades do mundo occidental.

    Amais, os políticos de esquerdas entenden que os recortes ca escusa da crise se estenden a outras áreas prioritarias da poboación.

    Antes da manifestación do xoves hai previstos outros actos de mobilización: mañá mércores ás 6 da tarde no Pazo da Cultura partirá unha caravana de vehículos, e unha hora máis tarde, ás sete, actuará unha batucada na Praza da Peregrina a cargo de alumnos do Conservatorio de Música Manuel Quiroga.

    Redacción Salnés