Rouban e causan desperfectos nunha mercería da Pobra

    POBRA> Preocupación entre os comerciantes e hostaleiros da Pobra ante o crecente número de roubos rexistrados no municipio. Esta fin de semana foi a mercería Pizpireta, situada en pleno centro da vila, a que recibiu a visita dos amigos do alleo. Indignada e impotente. Así se sinte a propietaria da mercería Pizpireta, vítima dun roubo perpetrado a madrugada do domingo.Ademais dos destrozos ocasionados, os ladróns levaron máis de douscentos euros de cambio da caixa rexistradora. Nos últimos meses, véñense rexistrando cada vez máis casos de roubos en locais comerciais polo que existe preocupación entre o sector que xa non sabe que medidas tomar. Policía e Garda Civil traballan na investigación para dar cos autores dos feitos. Todo parece indicar que se trata de delincuentes habituais ós que as forzas de seguridade xa lles segue a pista dende hai tempo.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí