![]()
BARBANZA> A continuidade das patronais locais con dificultades para manter a súa actividade centrou a reunión mantidapolos representantes da Federación de Empresarios do Barbanza.
{flowplayer}barbanza/futurofeb.flv{/flowplayer}
As asociacións de empresarios de Porto do Son, Outes, Muros e Padrón teñen serias dificultades para seguir en activo. Por esta razón dende a Federación de Empresarios do Barbanza daranlle cobertura administrativa de xeito que os seus asociados poidan seguir contando cos mesmos servizos que ata o de agora.
Son máis de trescentas as empresas que pasarán a recibir o servizo directo da federación polo que a entidade está a perfilar os cambios necesarios para esta nova fórmula de xestión.
Durante a xuntanza abordáronse tamén detalles relativos á próxima edición da Gala dos Dolmen de Ouro que se celebrará na Pobra a finais de setembro.
Redacción Barbanza









