O temporal de vento deixa poucas incidencias nas Rías Baixas

     BARBANZA> A comarca do Barbanza sufriu un forte temporal de vento. Os equipos de emerxencia permaneceron en alerta durante todo o día co fin de minimizar as incidencias.

    {flowplayer}barbanza/temporalbarbanzamarzo13.flv{/flowplayer}

    Os servizos de emerxencia da comarca do Barbanza permaneceron durante toda a xornada en alerta ante a forza do temporal que zoou a toda a comunidade, con máis intensidade aínda nas zonas costeiras da Coruña e Pontevedra debido ós fortes ventos do sur, con rachas nalgúns casos que se achegaban ós 120 quilómetros por hora, segundo datos da Axencia Estatal de Metereoloxía.

    Como medida de precaución contra este tipo de episodios metereolóxicos adversos emitíronse unha serie de recomendacións.

    Poucas incidencias

    Por fortuna non houbo que lamentar danos de consideración. A caída dalgunha que outra árbore, nos concellos da Pobra e Boiro, así como tamén contedores esparexidos.

    Na parroquia ribeirense de Aguiño o forte provocou que unha gran cantidade de area da praia do Carro volvera a desprazarse varios metros, cubrindo todo o ancho do asfalto da rúa Castelao, á altura da intersección coa rúa do Carreiro.

    Este feito provocou serias dificultades para o paso de vehículos. Aínda así non é a primeira vez que isto acontece, polo que os veciños da zona piden unha actuación de urxencia na zona para evitar que volva a suceder.

    Suspendidas as actividades no exterior

    A consellería de Educación emitiu tamén unha alerta por fortes ventos, suspendendo tódalas actividades no exterior dos centros educativos. En Ribeira, o concello, decidiu aprazar tamén para outra xornada a celebración do Día Árbore prevista para hoxe.

    Pola súa banda a consellería de Medio Rural e Mar tamén aconsellou a suspensión das actividades pesqueiras e marisqueiras, polo que boa parte da flota da comarca permaneceu amarrada a porto durante esta xornada. Segundo as previsións os efectos deste fenómeno meteorolóxico adverso irán remitindo nas vindeiras horas, tanto no mar como na terra.

    Redacción Barbanza