A Garda Civil suma dous novos detidos pola última vaga de roubos na Pobra

POBRA> Ós tres arrestos practicados a semana pasada, súmanselle agora outros dous.

Segundo informaron fontes do Instituto Armado os cinco detidos son veciños da Pobra, e cónstanlle numerosos antecedentes anteriores por causas similares.

A Garda Civil atribúelles a autoría de 25 delitos de roubo con forza  en vehículos, vivendas e locais hostaleiros. T

odos eles producíronse ó longo dos meses de setembro a novembro, xerando unha certa alarma social na localidade.

Ó parecer o botín de todo o subtraído supera os nove mil euros, incluíndo diñeiro en efectivo, bebidas alcohólicas e outros obxectos.

No rexistro practicado no piso no que residían varios dos detidos, en pleno casco urbano, permitiu ós axentes a recuperación de varios dos efectos roubados.

Estes dous últimos detidos, como xa fixeran anteriormente cos outros tres, xa pasaron a disposición do Xulgado de Instrución de Garda de Ribeira.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí