Satisfación entre os alcaldes populares polos novos orzamentos da Xunta

    NOIA> A ampliación da área de Urxencias do Hospital do Barbanza ou a histórica demanda de rexeneración da Ría de Noia, son dúas das grandes inversión que se inclúen nos orzamentos da Xunta de Galicia para o 2017 destinadas a esta comarca. Esta mañá os alcaldes e voceiros do Partido Popular no Barbanza e Muros e Noia, reuníronse tamén para facer unha valoración pública destes investimentos.

      

     

     

    O Deputado autonómico do partido popular, Carlos López Crespo destacou hoxe as importantes remodelacións que se inclúen para as comarcas do Barbanza e de Muros e Noia nos orzamentos da Xunta para o 2017. Nunha comparecencia acompañado polos alcaldes populares da zona  o deputado popular resaltou o incremento do 2.9 por cento nos orzamentos da Xunta. O alcalde de Ribeira destacou a satisfacción pola ampliación da área de urxencias do Hospital do Barbanza e o apoio ó sector pesqueiro, con investimentos que superan o millón de euros.O alcalde de Noia congratulouse da actuación tan demandada da rexeneración da Ría. E a alcaldesa de Lousame fíxoo respecto da mellora na conexión da estrada comarcal cara o sur de Galicia. Pola súa banda a tenente de alcalde de Porto do Son María José Maneiro incidiu nas inversións das fachadas marítimas do concello sonense.