O PP de Pontevedra traslada o seu congreso para evitar ós manifestantes

     PONTEVEDRA> O Congreso do PP de Pontevedra cambia de sitio para evitar coincidir na capital de Provincia ca manifestación…

    {flowplayer}images/salnes/congreso_traslado_silleda.flv{/flowplayer}

    … dos afectados pola preferentes. Deste xeito, os comicios do PP pontevedrés trasládanse mañá pola mañá ó recinto Feiral de Silleda onte a seguridade está garantida para o milleiro de asistentes que se agarda. As liortas dos últimos días en plenos de Concellos gobernados polo PP non viñeron máis que a quecer o ambiente previo a estes comicios internos do PP provincial,co que agora, a última hora, a familia popular decidiu trasladarse a Silleda.

     A outra vía sería pedir á Subdelegación do Goberno que non autorizase a manifestación dos afectados dado que o Congreso estaba anunciado previamente pero desde o PP decidiron optar pola vía diplomática e evitar que en Pontevedra se xunten na mesma mañá dúas mil persoas a maiores da súa poboación habitual.

    Os populares sospeitan que mañá pola mañá non estarán sos en Silleda pero tampouco propoñen un despregue policial esaxerado para protexer o recinto feiral para aforrar cartos, din, ó erario público. O que si piden é responsabilidade habida conta de que o PP non foi o causante do problema das preferentes aínda que si está a formar parte da súa solución. No referente ó senso estricto do Congreso cabe salientar a asistencia de preto dun millón de simpatizante do PP entre compromisarios e convidados, entre eles varios persoeiros da esfera política autonómica e nacional.

    O Congreso terá lugar de dez a unha; un tempo no que os populares revalidarán a Rafael Louzán por quinta vez consecutiva como Presidente do PP en Pontevedra. Unha renovación de apoios que se fixo patente hoxe mesmo ca presentación de avais: lonxe dos 161 requiridos, Louzán presentou 582 avais dos 805 posibles.

    Este é pois o cumio da carreira política de Louzán co que descartar a idea de abandonar. Asegura Louzán que estas ansias de permanencia se deben ós resultados, non como noutros partidos nos que, malia a falla de apoios, algúns se aferran ó cargo e non os sacan de alí, afirmou literalmente “nin con auga quente”.

    Redacción Salnés