Primeiro día de folga na alimentación cun seguimento do 80 por cento

     PONTEVEDRA> Os sindicatos estiman que este primeiro día de folga no sector de comercio alimentación está a ter un seguimento de entre un 75 e un 80 por cento.

    {flowplayer}images/salnes/FOLGA_ALIMENTACION_250313.flv{/flowplayer}
     
    O paro afecta a cadeas como Froiz, Gadis, Hiperxel, Lidl e Moldes, ademais de establecementos máis pequenos. Uns 15 mil traballadores na provincia de Pontevedra continúan á espera dun acordo nas negociacións entre patronal e sindicatos, reunidos desde esta mañá en Inspección de Traballo, en Vigo. Namentres, os piquetes están na rúa controlando que os comercios estean pechados. Canal Rías Baixas estivo co grupo que operou no centro urbano de Pontevedra.
     
    Atoparon por exemplo algúns comercios na rúa Benito Corbal, como no Hiperxel, que aproveitaban a ausencia de piquetes para permitir a entrada de clientes. De todos xeitos, a mañá transcorreu tranquila na cidade de Pontevedra e onde encontraron locais abertos, non houbo resistencia por parte nin dos encargados nin dos traballadores, que algúns incluso saíron e se sumaron á folga. Unha opción, a da folga, que non agrada ó sector e da que culpan á patronal.
     
    A folga chega despois de a lo menos tres reunións coa mediación da Inspección de Trabalo, a última, este sábado, durou 15 horas e acabou sen resultados positivos. Os traballadores entenden que o sector xa está mal de por si e queren que tan sequera se lles manteña as condicións actuais. Os lemas das camisetas déixano claro, queren convenio colectivo xa e aseguran que, inda con beneficios, a patronal lles quere facer recortes.
     
    Os sindicatos teñen convocada folga para toda esta Semana Santa, para os días 26, 27, 28, e 30, se non se consigue antes un acordo.
     
    Redacción Salnés