O PSOE de Ribeira propón limitar a 30 a velocidade en todo o casco urbano

RIBEIRA> O PSOE de Ribeira propón limitar a velocidade a trinta quilómetros por hora en todo o casco urbano. Súmase así á reforma que pretende aprobar a Dirección Xeral de Tráfico para reducir o risco de atropelo.

Ademais de establecer un límite xenérico de trinta quilómetros por hora en todo o caso urbano, o PSOE de Ribeira propón estender esta medida a tódalas vía do municipio dun só sentido.

Esta medida que está en fase de aprobación pola Dirección Xeral de Tráfico, vén respaldada por un estudo da Organización Mundial da Saúde que conclúe que o risco de falecer en caso de atropelo é cinco veces menor circulando a trinta por hora. O informe sinala ademais a redución de emisións contaminantes e as melloras na circulación que suporía esta reforma.