A piscina da Pobra estará operativa en Semana Santa

     POBRA> A piscina municipal reabre as súas portas dúas semanas despois de que un incendio arrasara a parte administrativa,.

    {flowplayer}barbanza/reaperturapiscinapobra.flv{/flowplayer}

    O concello cumpriu co seu compromiso e, tal e como anunciou, a piscina municipal reabre as súas portas a partir deste xoves. Isto é posible grazas á colaboración de Acuagest, a empresa concesionaria, que apurou os traballos para poder reabrir para a semana santa.

    Tanto xoves como venres santo o horario de apertura será pola mañá como tódolos festivos.

    Os usuarios inscritos en cursos e actividades poderán recuperar as clases a partir do luns. Tamén se están a estudar fórmulas para compensar ós aboados por estas dúas semanas que non puideron utilizar as instalacións.

    Redacción Barbanza