O PP de Boiro denuncia novos retrasos nas obras da estrada provincial de Neixón

BOIRO> Os populares recollen unha vez máis o malestar dos veciños e residentes na zona, que se queixan, ademais da demora acumulada dos traballos, e da mala execución dos mesmos por parte da empresa construtora, desaparecida, segundo eles, dende hai máis de tres semanas, cos conseguintes prexuízos causados.

Por esta razón, dende o PP instan ó equipo de goberno a solicitarlle a Deputación da Coruña a finalización desta actuación, adxudicada xa en 2018, que vai pasar á historia como a peor obra do organismo provincial.