RIBEIRA> O concello de Ribeira vén de abrir o prazo de inscrición para o curso de coidados específicos de axuda no fogar que imparte o departamento de Servizos Sociais. Terá unha duración de 30 horas que se impartirán en seis sesións durante os sábados de abril e maio.
A alta demanda de profesionais de axuda no fogar levou ó concello de Ribeira a apostar pola formación continua neste eido como o curso complementario de coidados específicos que vai impartir entre os meses de abril e maio.
Desenvolverase ós sábados entre o 13 de abril e o 18 de maio a cargo dunha titulada en Enfermería, unha licenciada en Dereito e un graduado en Traballo Social.
Os interesados en participar xa poden realizar as inscricións nas oficinas de Servizos Sociais ou a través do teléfono 981 87 41 31.











