Admitido a trámite o recurso contra a paga extra do Concello de Pontevedra

     PONTEVEDRA> O Concello de Pontevedra terá que comparecer ante a Xustiza para defenderse das acusacións de desobedecer ó Goberno Central…

    {flowplayer}images/salnes/xunta_goberno_pontevedra_010413.flv{/flowplayer}

    … a finais do ano pasado, cando este último ordenou suprimir a paga extra a tódolos funcionarios. Tal e como denuncia o Avogacía do Estado no seu recurso o Goberno pontevedrés fixo que os traballadores municipais compensasen esta falla de paga extra co complemento de productividade que se lles deu no mes de novembro; razón pola que solicitan que se anule dita resolución e que os cartos sexan reclamados ós traballadores e devoltos ás arcas municipais. Unha vez aceptado este recurso, xa hai data para celebración do xuízo: a vista celebrarase o 23 de xaneiro do 2014, no xulgado do contencioso-administrativo número 1 de Pontevedra.

    Nesta causa o Concello argumentará que as cuantías entregadas non se corresponden ca paga extra nin os tempos tampouco, aínda que publicamente si se “vendeu” como unha compensación. Aseguran que esta decisión da xustiza é estrictamente política posto que tamén houbo outros Concellos con actuacións semellantes contra os que non se actuou; só que nestoutros non teñen o edil popular Jacobo Moreira como recadeiro.

    González asegura que desde o Concello seguen estando convencidos de ter tomado a decisión correcta posto que favoreceu ós traballadores municipais, e por extensión ó tecido comercial da cidade. Denuncian desde o Goberno Municipal sentirse perseguidos polas falcatruadas do PP.

    Pola súa banda, o voceiro do PP xustifica a dura medida de recorte referente á paga extra dos funcionarios para evitar chegar a dura situación que a día de hoxe se está a vivir noutros países como Chipre.

    Redacción Salnés