C. Ansoar: ‘Trataremos de implicar á cidadanía na política municipal’

     BOIRO> Carlos Ansoar vén de ser elixido coma novo responsable local do BNG. Na asemblea tamén se acordou incorporar a Raquel Suárez coma viceresponsable local.

    {flowplayer}barbanza/ansoarnovoresponsablelocalbngboiro.flv{/flowplayer}

    Na asemblea local na que se procedeu á renovación dos cargos orgánicos da formación frentista tomaron parte ó redor duns cincuenta militantes. Por unanimidade decidiu elixirse coma novo responsable local a Carlos Ansoar, incorporando ademais a Raquel Suárez, que viña desempeñando tamén diferentes cargos dentro do partido, coma viceresponsable local. Na xuntanza tamén s elle presentou á militancia o informe de xestión no que se destacou o alto gra ode implicación socia le o traballo desenvolvido, tanto no eido das plataformas sociais como é o caso das de sanidade, educación, desafiuzamentos ou preferentes, como na mobilización e defensa dos sectores produtivos.

    Achegar o partido á sociedade

    O novo responsable local referiuse a cales serán os principais obxectivos da formación. Un deles, segundo el, un dos máis importantes, será achegar o partido á sociedade, tratando de implicar á cidadanía na política municipal.

    Total parálise

    Carlos Ansoar tamén tivo tempo de criticar a xestión do actual equipo de goberno, sometido segundo el a unha profunda parálise, poñendo como exemplo da súa ineficacia a paralización do viveiro de empresas, a escola de hostalería ou ó proxecto de rehabilitación do pazo de Goiáns, con partida presupostaria xa aprobada polo Goberno Central.

    Redacción Barbanza