Baixa o paro en marzo en España por primeira vez desde o 2008

     PONTEVEDRA> As cifras no paro baixaron neste pasado mes de marzo en case cinco mil persoas no conxunto do estado,…

    {flowplayer}images/salnes/baixa_paro_marzo_020413.flv{/flowplayer}

    … o primeiro descenso neste mes que se produce deste o ano 2008. Deste xeito, a cifra total de parados en España é de 5.035.243 persoas.

    Este descenso é un respiro para os distintos gobernos, especialmente para Galicia que é un das cinco autonomías onde máis baixou o paro. Na Provincia de Pontevedra a reducción do paro foi de 347 persoas menos. Un bo dato que os sindicalistas non o valoran tan positivamente ó comparalo co mes de abril do ano pasado, cando se celebrou daquela a Semana Santa, que sempre aumenta as contratacións no sector terciario.

    Esta baixada tivo maior incidencia no colectivo das mulleres cun 0.3 % menos de desemprego; e sobre todo no sector servicios. Poren, segue a aumentar de xeito alarmante o paro no colectivo de demandantes de emprego sen experiencia laboral previa e no da agricultura.

    Os sindicatos entenden que este descenso do paro non vai a supoñer o inicio da senda da recuperación, senón que a chegada do verán traerá datos negros no desemprego ca activación de varios EREs pendentes nesta provincia. Amais os sindicalistas alertan de que a aplicación da reforma laboral só está a servir para depauperar as condicións de traballo; facendo desaparecer o emprego estable en prol dos contratos temporais.

    Por comarcas, cabe salientar o concello de Sanxenxo onde encontraron emprego o mes pasado unhas 131 persoas, seguido do de Pontevedra con 68 novos traballadores; en termos mensuais absolutos. No Salnés, O Grove incrementou o número de cotizantes en 66 persoas, e a Illa e Meaño con cadanseus 17 novos traballadores. En Cambados encontraron traballo 10 persoas, en Ribadumia outras 6 e en Pontecesures 4. Pola contra, en Vilagarcía subiu o paro en 64 persoas, en Caldas hai 20 parados máis, en Meis 17, en Vilanova 17, en Valga 9, en Catoira 9 e en Portas 7. No Barbanza, Porto do Son foi o Concello onde máis baixou o paro con 20 novas incorporacións ó mercado laboral, seguido de Noia con 17. No resto dos Concellos Rianxo perde empregos, 67, seguido de Ribeira, con 37, Lousame 7, a Pobra 3 e Boiro 2 mulleres.

    Redacción Salnés