A POBRA> As familias da Pobra disporán durante a Semana Santa dun obradoiro de conciliación para poder deixar ós cativos durante as xornadas non lectivas. Desenvolverase nas instalacións do CEP Salustiano Rey Eiras e vai dirixido a nenos de 3 a 12 anos.
Na súa aposta por favorecer a conciliación familiar e laboral en tódolos períodos non lectivos, a concellería de Igualdade da Pobra pon en marcha un obradoiro para os cativos durante a Semana Santa.
As inscricións poderán realizarse ata o 21 d emarzo contactando co departamento de Igualdade. O prezo é de 15 euros, con bonificación no caso de varios irmáns.
O concello da Pobra complementa ademais a oferta de conciliación cun servizo de tarde no Espazo de Coidados Corresponsables que precisa dun mínimo de 5 participantes por día.










