Os afectados polas preferentes volven á carga

     PONTEVEDRA> A Subdelegación do Goberno en Pontevedra e a sede da Deputación Provincial na Cidade do Lérez volveron a ser…

    {flowplayer}images/salnes/preferentes_020413.flv{/flowplayer}

     … os escenarios escollidos polos afectados polas preferentes e subordinadas para mobilizarse a prol dos seus dereitos e reivindicar que continúen as arbitraxes, e máis especialmente agora que xa se anunciaron as quitas das que ningún afectado coñece o seu alcance real. O grupo de protesta era menor que en outras ocasións posto que ano e medio de reivindicacións empeza a pesar pero, en cambio, os ánimos están máis acendidos ca nunca.

    No caso da Plataforma do Salnés, os afectados de Sanxenxo reuníronse esta tarde para falar do futuro das súas reivindicacións, horas antes de recibiren os bens que lles foron incautados tras seren desaloxados do salón de plenos do Concello de Sanxenxo. Despois do último pleno, para os de Sanxenxo, o Goberno Local converteuse nun problema máis.

    Aseguran os afectados de Sanxenxo que o teatro que se montou con eles na última sesión plenaria parecía estar orquestrado previamente. Agora algúns denuncian sentirse amedrentados ante o ruxe-ruxe de que poderían ser denunciados por interromper unha sesión plenaria.

    Os de Sanxenxo valoran positivamente accións como as dos Alcaldes da Arousa Norte que, baixo a iniciativa do Alcalde da Pobra, se reunirán este venres ca delegada provincial da Xunta na Coruña Belén Docampo, para recadar información sobre a evolución deste conflicto.

    Estes afectados, pola súa parte, veñen de reclamar a intervención do Presidente provincial Rafael Louzán; para que lles informe tamén sobre o inminente proceso de quitas e para, pedirlle tamén, que reclame por eles a continuidade do sistema de arbitraxes.

    Noutra ría, na de Muros e Noia, os representantes do PSOE e o BNG noiés piden a dimisión do ex-alcalde e actual deputado popular, Antonio Pérez Ínsua, por ter vendido na súa traxectoria profesional como banqueiro, estes productos bancarios considerados tóxicos. Aseguran que a súa imaxe “corrompe e desprestixia a actividade política”.

    Redacción Salnés