A praza Maior estase acondicionando para a inauguración do belén e o alumeado navideño

    POBRA> O concello da Pobra iniciou os traballos de limpeza e acondicionamento na praza Alcalde Segundo Durán onde se celebrarán a maior parte das actividades festivas do Nadal. A primeira terá lugar este venres coa inauguración do Belén e o acendido do alumeado.

    O edil de servizos e mantemento, Andrés Millán, compareceu en rolda de prensa esta mañá para dar conta dos preparativos que están tendo lugar na Praza Alcalde Segundo Durán debido á inauguración do belén e alumeado navideño que terá lugar o vindeiro venres de decembor ás sete e media da tarde. Dende o concello fan un chamamento ós veiciños, sobre todo ós nenos, para que asistan a este acto de inauguración navideño xa que haberá sorpresas tano no alumeado como dentro do belén. Dende o concello tamén piden desculpas ós veciños polas molestias que terán estos días xa que van cortar a zona que vai dende o bar ‘O Facho’ ata as pistas deportivas, para levantar as arquetas que quedaron enterradas e así poñelas todas ó mesmo nivel. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/12decembro/03/obrasmantementopobra1706141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/12decembro/03/obrasmantementopobra170614.mp4{/flowplayer}

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí