Á espera do acordo para a liberación do armador retido en Liberia

     RIBEIRA> Tras máis dun ano retido en Liberia, semella que o pesadelo de Alberto Suárez está máis preto de rematar. O armador asinou un acordo valorado en 120.000 dólares polo que quedaría en liberdade.

    {flowplayer}barbanza/armadorribeiraliberia.flv{/flowplayer}

    O periplo deste ribeirense comezou en febreiro do ano pasado cando o Eros, un palangreiro con bandeira portuguesa, foi apresado en Serra Leona e escoltado ata Monrovia acusado dun presunto delito de sabotaxe económica e pesca ilegal. A embarcación faenaba neste país africano dende 2009 cunha licenza adquirida a unha axencia marítima autorizada polo goberno.

    Sen embargo as autoridades liberianas alegan que a licenza está falsificada, algo que desminte rotundamente o armador que responsabiliza á axencia no caso de posibles irregularidades posto que eles sempre traballaron legalmente.

    Situación insostible

    A familia bota de menos unha maior implicación das autoridades europeas que ata o de agora non teñen axilizado o proceso para conseguir a súa liberación. Mentres as esperanzas de telo de volta na casa vanse esvaecendo ó tempo que se complica a situación económica, practicamente insostible a causa dos gastos derivados do mantemento de Alberto e a tripulación.

    Agardan que as autoridades liberianas cumpran co seu compromiso e ratifiquen o acordo asinado hai máis de tres semanas. Sen embargo, o tempo pasa e non ven aínda próximo o fin dun pesadelo que dura xa catorce meses.

    Redacción Barbanza