A Feira Celta xa ten cartel gañador

    PORTODOSON> O novo deseño anunciará na comarca e fóra dela as festas do municipio, que se levarán a cabo do 25 ó 27 de xuño.

    O equipo de goberno local lanzou, hai dous meses, un concurso para atopar o mellor cartel que representase a esencia da Feira Celta. Hoxe coñecemos o deseño seleccionado polos veciños e veciñas do Son, que votaron a través da web do concello. O deseño desta cartelería é obra de Luís Miguel Moros, un zaragozano de 47 anos que vive na Pobra do Caramiñal desde hai tempo. Asegura que é a primeira vez que participa nun concurso coma este, xa que no día a día exerce labores de veterinario. O deseño é unha afección para el. Luís Miguel foi premiado con 300 euros.