RIANXO> Dende a formación acúsana de darlle as costas ó sector empresarial da vila, nun momento coma o actual, en plena crise, na que máis que nunca é necesario algún tipo de medida para reactivala economía local.
Rianxo en Común acusa á tenente de alcalde e edil de Comercio e Desenvolvemento Local, Mari Carme Figueira, de darlle as costas ó sector comercial e hostaleiro da vila.
Dende a formación sinalan, que a diferenza doutros concellos da zona, durante este tempo de crise o Goberno Local non adoptou nin unha soa medida para que estes dous sectores puideran facerlle fronte á crise e axudar a reactivar a economía local, renunciando tamén a presentar neste 2020 un orzamento municipal adaptado á situación actual.
Ante esta falla de iniciativa por parte do equipo de goberno, nomeadamente a desta edil, que conta ademais cunha dedicación exclusiva, leva os membros de Rianxo en Común a pedir a súa dimisión, ou de non facelo, a que sexa cesada polo alcalde, que foi quen lle outorgou a responsabilidade de velar polos intereses do sector hostaleiro e comercial da localidade.