O alcalde da Illa reunirase coa Dirección Xeral de Costas para pedir a rebaixa da liña en cinco zonas

    A ILLA> O alcalde da Illa de Arousa reunirase o vindeiro martes coa Dirección Xeral de Costas. O obxectivo: tratar de rebaixar a liña de costas de cinco zonas sinaladas dos 100 aos 20 metros. A súa petición foi denegada previa con anterioridade a aceptación desta reunión, algo que o concello cualifica de inxustificado.

     

    A reunión foi solicitada antes de pór un recurso dada negativa a solicitude de rebaixar a franxa de protección costeira dos 100 metros que establece a lei orixinal aos 20 que permite a reforma. Trala aceptación da mesma o alcalde da Illa de Arousa espera poder chegar a un acordo coa administración debido á idiosincrasia da zona.

    As cinco zonas que se verían afectadas cumprirían todos os requisitos para rebaixar dita liña: nelas existen vivendas anteriores a 1988, acceso rodado, conexión eléctrica e servizos. Iglesias Cores lembrou a importancia que teñen uns cantos metros para un territorio limitado como o seu.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/11novembro/27/reunion_costas_illa.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/11novembro/27/reunion_costas_illa.mp4{/flowplayer}