A campaña do 25N de Sanxenxo estará asinada por alumnas da Universidade de Vigo

SANXENXO> As campañas de prevención contra a loita machista de cinco concellos da provincia de Pontevedra, entre eles Sanxenxo, levarán a firma do alumnado da Universidade de Vigo. Trátase dunha iniciativa pioneira que nace da colaboración entre a universidade e a Subdelegación do Goberno. No seu marco, o alumnado do máster de Publicidade foi o encargado de deseñar estas campañas, que se desenvolverán nos municipios seleccionados co gallo do 25 de novembro.

‘A linguaxe da violencia é universal. A resposta tamén o é’ é o lema da campaña que se levará adiante en Sanxenxo co gallo do 25N, Día Internacional contra a Lacra da Violencia Machista.

Elas forman parte do grupo de alumnas do Mestrado de Publicidade da Universidade de Vigo que está detrás desta acción. Trátase dunha iniciativa pioneira da Subdelegación do Goberno de Pontevedra e da Universidade de Vigo, que busca poñer a disposición de cinco concellos da provincia campañas de prevención e loita contra a violencia de xénero de cara ao vindeiro 25 de novembro.

Un destes concellos beneficiados é o de Sanxenxo. Levan meses traballando xunto coas alumnas para o deseño desta campaña, coa que buscarán conseguir o maior impacto no seu municipio.

A campaña ‘A Linguaxe da violencia é universal. A resposta tamén o é’ tamén se porá en marcha en Redondela. Outras accións deseñadas polos alumnos do Mestrado de Publicidade desenvolveranse en Moaña, Lalín e Ponteareas.