![]()
RIANXO> A obra está adxudicada dende hai varios anos, pero distintas razóns impediron ata o de agora levala a cabo, co conseguinte prexuízo que iso supón para os mariñeiros da localidade.
{flowplayer}barbanza/tardanzainstalacionsurtidorrianxo.flv{/flowplayer}
O patrón maior rianxeiro volveu a amosar o seu malestar polo retraso no inicio das obras de instalación do surtidor de combustible para embarcacións no porto da localidade. Segundo el o retraso débeuse, nun primeiro momento á falla dun plan de usos no peirao, un trámite ó parecer necesario para obter a correspondente licenza municipal. O propio Baltasar Rodríguez sinala que unha vez que xa se dispón del, non se entende porque razón non dan inicio as obras.
Prexuízo importante
O patrón maior volveu insistir na necesidade de poder contar con este servizo, de gran importancia para os mariñeiros da zona.
Redacción Barbanza








