Dieste: ‘O goberno municipal sume a Boiro nunha parálise histórica’

BOIRO> O voceiro do PP mostraba tamén o seu malestar contra o equipo de goberno pola vulneraración dos dereitos fundamentais dos grupos da oposición.

O voceiro popular, Xoán Xosé Dieste, arremeteu hoxe contra o equipo de goberno ó que acusou de mala xestión e de levar á parálise ó Concello. Fixo alusión á actitude pouco democrática do alcalde, José Ramón Romero, que en lugar de convocar un pleno extraordinario tal e como lle solicitaron o pasado mes de agosto para aprobar o reparto do remanente de tesourería por un importe de 3,7 millóns de euros destinados ó pago de facturas a provedores e axudas a pemes e autónomos, ou darlle saída a obras tan importantes hoxe paralizadas como son o remate da sede do Club de Remo de Cabo de Cruz ou a última fase do abastecemento de auga a Bealo, entre outras, decidiu emitir unha resolución para non celebralo. Algo que segundo os populares vulnera os dereitos fundamentais e o labor fiscalizador do goberno que teñen os grupos da oposición.

Segundo el, no seu lugar, o alcalde decide convocar para mañá, ás oito e media da mañá, un pleno, nun horario que dificulta a asistencia dos edís e dos veciños, no que se inclúe tan só o reparto do remanente de forma inconcreta, e evitar así compromisos cos veciños.

O PP tamén criticou o retraso na convocatoria das sesións plenarias, a última tiña lugar o pasado 24 de xuño, e tamén a falla de presupostos, con máis de dous anos sen presentar unhas contas e traballando con elas prorrogadas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí