Ribeira recupera o esplendor da súa Semana Santa

RIBEIRA> Ó igual que no resto dos concellos da comarca, Ribeira recupera a súa programación de Semana Santa. Nesta volta á normalidade non poden faltar a bendición de Ramos, a procesión do Paso e o Santo Enterro.

Tras dous anos marcados pola sobriedade das celebracións, Ribeira recuperará neste 2022 o esplendor da súa Semana Santa. A bendición de Ramos o próximo domingo inaugurará un amplo programa no que, ademais do concello e da parroquia, destaca a implicación da asociación Alfaia e das Amas de Casa.

E dos actos do xoves pasmos ó venres Santo que se iniciará co Sermón do Encontro no Adro da igrexa. O sábado terá lugar a solemne vixilia pascual coa colaboración das Amas de Casa.

A misa de Pascua botará o peche a este amplo programa de actos litúrxicos que terá tamén actividades complementarias como a exposición fotográfica de Lesmes sobre a semana Sata que pdoerá visitarse na praza do concello.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí