Pablo Cacheda e Susana Rodríguez, os mellores de 2012

 PONTEVEDRA> O Pazo Provincial acolleu onte a Gala do Deporte no que se recoñeceu a labor dos mellores deportistas da provincia de Pontevedra durante o ano 2012. O protagonismo recaeu sobre os olímpicos de Londres, que recibiron un recoñecemento especial. Pablo Cacheda e Susana Rodríguez leváronse os premios ós mellores do ano.

{flowplayer}images/salnes/GaladoDeporte_050413.flv{/flowplayer} 

O xogador do Octavio de balonmán, Pablo Cacheda e a triatleta cega Susana Rodríguez, ambos campións do mundo nas súas disciplinas deportivas, foron recoñecidos onte pola Deputación como os mellores deportistas de 2012 na provincia de Pontevedra.

Foi nunha gala celebrada no Pazo Provincial, presentada polo xornalista Terio Carrera e á que acudiron numerosas autoridades e deportistas.

Ademais, o futbolista do Celta de Vigo Johny e a especialista en esgrima, Judith Rodríguez, leváronse os galardóns na categoría promesa. Tamén obtiveron o seu premio o Club Baloncesto Marín, pola organización do Campionato de España Cadete, Begano, como mellor empresa, o Club Ciclista Superfroiz, polo seu 25 aniversario e o equipo femenino do BM Guardés, que acadou o ascenso a División de Honra en balonmán.

Na gala houbo momento tamén para homenaxear ó presidente do Club Ciclista Bueu, Cristóbal Hermida, atropelado mortalmente en xaneiro na autovía de Marín e o tamén falecido Ramón Escudeiro, un xoven xadrecista cego de 20 anos.

Nun apartado especial estiveron os olímpicos como David Cal, Bea Gómez, Teresa Portela e o paralímpico Gustavo Nieves, ós que se lle recoñeceron o bo papel realizado nos Xogos de Londres o pasado verán.

Tamén houbo espacio para falar do que será a Volta Ciclista a España 2013 e das etapas que discorrerán polas estradas pontevedresas.

Redacción Salnés