O vigués Antonio Rey Somoza gaña o premio de Historia Medieval

premiohistoriamedieval100.jpgNOIA> O filólogo Antonio Rey Somoza gañou o premio de Historia Medieval cun traballo sobre a nobreza na poesía lírica galego-portuguesa.

{flowplayer}barbanza/premiohistoriamedieval.flv{/flowplayer}

O xurado elixiu de xeito unánime a obra do historiador vigués polo seu carácter interdisciplinar que permite o estudo de textos literarios como fonte de documentación histórica.

Así, a través da análise das cantigas populares configúrase un retrato da estratificación social e da relixiosidade da época.

Recoñecemento ós historiadores

Os membros do xurado destacaron a importancia deste premio que permite a divulgación da carreira dura e laboriosa dos investigadores que non soe ter o recoñecemento social que merece.

O mellor exemplo da utilidade deste premio resúmeo a experiencia do gañador da pasada edición qeu acaba de volver de Oxford onde o seu traballo xa é ben coñecido.

Redacción Barbanza