![]()
NOIA> O mantemento do GRUMIR pasou xa dun conflito entre administracións a un conflito social. Ás protestas solicitando que a base comarcal quede na vila engádese a campaña de recollida de sinaturas.
{flowplayer}barbanza/sinaturasgrumirnoia.flv{/flowplayer}
A opinión da sociedade noiesa é unánime. Todos reclaman a necesidade de manter a base comarcal do GRUMIR na vila polo importante servizo que prestan.
A intención da Xunta de trasladar a base a Muros tal e como recolle o novo mapa galego de emerxencias non é ben vista en Noia. principalmente os veciños quéixanse das malas comunicacións da vila muradá que suporían unha importante demora na atención de emerxencias en concellos limítrofes.
A campaña de sinaturas, na que xa se levan recollidas máis de sete mil, segue adiante en varios establecementos comerciais de Noia e mesmo a través de internet na web www.change.org.
Redacción Barbanza








