Catro tripulantes sobreviven pola súa conta a un naufraxio en Carril

     VILAGARCIA> Preto da unha da mañá un particular alertaba ós servizos de emerxencia do naufraxio dunha embarcación nunha zona próxima…

    {flowplayer}images/salnes/rescate_frustrado.flv{/flowplayer}

    … á praia da Granxa, en Bamio- Vilagarcía. Ó parecer unha pequena embarcación envorcara cando levaba a bordo catro persoas. Destes tripulantes, dous conseguiron chegar ó areal que hai debaixo do centro do ISM en Bamio, xusto á casa que hai baixo a vía do tren.

    Aquí pediron axuda a uns particulares que hoxe non nos contestaron. De inmediato, os efectivo de busca mobilizaron as embarcacións de salvamento e mesmo un helicóptero de rastrexo por mar. Ó pouco de despregarse o operativo unha nova chamada, desta volta á Confraría de Pescadores, informaba de que os catro tripulantes xa estaban localizados e a salvo.

    O que si non se soubo ate o de agora é a identidade de ningún deles polo que se sospeita que pode tratarse de mariscadores furtivos dadas as condicións nas que estaban a traballar neste punto da Arousa; algo máis que frecuente neste lugar.

    Neste lugar todos saben do marisqueo ilegal pero dan por boas estas prácticas porque nos máis dos casos é a única forma de subsistencia que teñen moitas familias. E é que este tipo de marisqueo estase a converter nunha actividade de subsistencia de risco, ata que un día pase unha desgracia para a que xa non haxa máis remedio.

    Redacción Salnés