![]()
VILAGARCÍA> Os Veciños da Segunda Fase da Urbanización Mar de Compostela, na zona de Veiga de Lamas en Carril reclaman…
{flowplayer}images/salnes/queixas_rua_iberica.flv{/flowplayer}
… ó Concello de Vilagarcía que execute unhas obras no entorno das súas vivendas. Esta actuación debería ser feita nesta parcela que foi transferida ó Concello, xunto cunha fianza para executar a actuación.
A veciñanza denuncia que a desidia do Concello pon en risco a súa integridade posto que estas fochancas asoláganse constantemente e amais conlevan outro tipo de perigos no entorno do Colexio Veiga de Lamas.
Fartos de boas palabras e máis nada, os veciños ameazan con pór o asunto en mans da xustiza; tal e como no seu día fixeron co Valedor do Pobo.
O que si non nos conta este Presidente da Comunidade de Propietarios á cámara é que hai un problema ca propiedade deste terreo. Un veciño e a súa familia opóñense á entrada da maquinaria para que se completen as obras por entender que esta parcela segue sendo súa. Un problema veciñal herdado de anteriores executivos, ante o que o actual Goberno Local intenta buscar unha solución consensuada.
O Alcalde Tomás Fole comprométese a buscar unha solución o máis rápido posible a este conflicto mediante unha solución conxunta a tres bandas, aínda que a vía do consenso non sexa a máis áxil das posibles.
Redacción Salnés






