![]()
PONTEVEDRA> O rexedor nacionalista criiticou á Xunta de Galicia por ter decidido de xeito unilateral pechar este laboratorio para enviar a súa actividade a outro centro en Lugo.
{flowplayer}images/salnes/AlcaldePontevedraSaude_090413.flv{/flowplayer}
Lores solicitou á Xunta que reconsidere a súa decisión de poñer o peche ó Laboratorio da Saúde Pública que opera en Campolongo dende 2009. A intención do goberno autonómico é pechar tres centros que operan en Galicia: o de A Coruña, Ourense e este de Pontevedra, e centralizar a actividade no de Lugo.
O laboratorio de Pontevedra atende a toda a provincia e é o único da comunidade que realiza análises de metais pesados procedentes da pesca. Tamén realiza controis de auga e alimentos. O servizo que se prestaría dende Lugo sería máis deficitario, xa que a cantidade de mostras que se poderían realizar sería menor.
No Laboratorio de Pontevedra traballan arestora 21 persoas, 12 de xeito interino, que terían que trasladarse ata a capital lucense para seguir desenvolvendo o seu traballo. A actividade no laboratorio pontevedrés continuará como mínimo ata finais de ano, cando se supoñe que rematarán as obras de remodelación do centro de Lugo.
Lores concluíu, que se finalmente este traslado faise efectivo, tirarase ó lixo 5 millóns de euros que foran invertidos na posta en funcionamento deste centro científico.
Redacción Salnés









