VILAGARCIA> Portos de Galicia executa, por fin, a recuperación da balaustrada do paseo de Vilaxoán. Trátase dunha vella demanda dos veciños da zona, que levan anos denunciando o mal estado da contorna da praia do Preguntoiro. A actuación, cun orzamento de 50.000 euros, inclúe a posta a punto do paseo de titularidade de Portos, reparando danos na beirarrúa e repoñendo o mobiliario urbano.
Dende hai moito tempo a veciñanza de Vilaxoán vén reclamando unha actuación no paseo do Preguntoiro, titularidade de Portos de Galicia. O organismo autonómico está a actuar na zona por fin cuns traballos de rehabilitacion da balaustrada e de posta a punto de berarrúas. para esta actuación destinan 50.000 euros.
Dende o concello reclaman unha recuperación integral da zona. Con todo, celebran esta actuación, tendo en conta ademais que se trata dunha zona de paseo moi frecuentada por veciños e visitantes.
A asociación de veciños, entre tanto, lamenta que este investimento apenas resolve cuestións estéticas.
Ademais durante a súa visita ás obras, o presidente de Portos lembrou que o paseo do Preguntoiro inclúese na proposta de reversión de terreos portuarios declarados innecesarios á Administración Xeral do Estado. Unha petición que a Xunta aprobou en setembro de 2025 e que se atopa pendente de aceptación por parte do Ministerio de Transición Ecolóxica.
Unha vez aprobada esa desafectación, a titularidade pasaría a ser municipal.










