O executivo rianxeiro promove a compostaxe caseira

     RIANXO> Os veciños interesados en dispor dun composteiro caseiro xa poden solicitalo nas oficinas xerais do concello, debendo cumprir unha serie de requisitos.

    {flowplayer}barbanza/composteiroscaseirosrianxo.flv{/flowplayer}

    O concello de Rianxo vai poñer en marcha un proxecto piloto de fomento da compostaxe caseira da que poderán beneficiarse uns 50 veciños do municipio, ós que se lle entregará un composteiro de 320 litros de capacidade, para que poidan converter os residuos orgánicos xerados na súa propia casa en abono natural. Con esta iniciativa preténdese reducir os custes no tratamento que se fai habitualmente a este tipo de residuos, a través da súa recollida e transporte a unha planta incineradora.

    50 composteiros

    O concello poñerá a disposición dos veciños un total de 50 composteiros, polo que as persoas interesadas xa poden solicitalo, debendo cumprir unha serie de requisitos, entre os que se atopan estar empadroado na localidade.

    A campaña de compostaxe caseira ascende a uns dez mil euros. sete mil serán aportados pola Deputación da Coruña e a cantidade restante será asumida polo concello rianxeiro.

    Redacción Barbanza