Rianxo viviu a fin de semana grande das Festas da Guadalupe

RIANXO> Rianxo viviu esta fin de semana o día grande das festas da Guadalupe. A procesión da Moreniña volveu congregar a centos de devotos que, por terra e por mar, quixeron acompañar á súa virxe.

Os rianxeiros continúan inmersos nas celebracións da honra da Guadaluoe que viviron esta fin de semana algúns dos seus actos máis multitudinarios. Entre eles, a misa solemne e a posterior procesión marítima que acadaron este ano un simbolismo aínd amáis especial ó cumprirse 250 anos da chegada da Moreniña a Rianxo.

A capela da Guadalupe quedouse pequena para acoller ó numeroso público que asistiu á misa canda pola Coral Abrente. A continuación, a comtiiva inicou o percorrido ata o porto onde a Virxe embarcou para realizar o seu tradicional percorrido pola ría escolatada por medio cento de barcos.

Trala fin de semana grande, os rianxeiros teñen aínda cinco días de festa por diante. Hoxe, a mocidade foi a protagonistas cos xogos das Juadalupeñas que encheron a praza Castelao durante toda a xornada. O xoves será tamén un día destacado co tradicional Feirón Maiñeiro mentres que o venres os rianxeiros despedirán os festexos entoando a tradicional rianxeira á luz das bengalas.