Protección Civil de Boiro mellora o servizo coa adquisición de novos medios técnicos

    BOIRO> O Concello de Boiro presentou a última adquisición de Protección Civil. Grazas a unha inversión de máis de 100.000 euros da Xunta da Galicia, os boirenses contan a partir de agora cunha lancha de 30 cabalos que soporta 900 quilos de peso.hr id=”system-readmore” / O equipo de Protección Civil boirense, con 16 traballadores en plantilla, é o maior da comarca do Barbanza, e un dos máis grandes de Galicia. A partir de agora contan cunha nova dotación, de gran utilidade para un cocello tan mariñeiro como éste. Para o alcalde, Xoan Xosé Dieste, esta aportación da Consellería de Vicepresidencia, vén a agradecer a gran labor que se está a realizar desde o servizo de Protección Civil de Boiro. Dieste informou tamén de que éste, non foi o único equipamento novo que lle chegou á Protección Civil boirense nos últimos tempos. Con estas novas adquisicións, agora a necesidade máis acuciante que queda pendente, é contar cun vehículo de transporte para camiños rurais con dificultade extrema de acceso, o cal esperan conseguir este vindeiro ano.