Primeiras mostras de berberecho nas concesións de Cabo

     BOIRO> A aparición de varias manchas de berberecho nas concesións de Cabo de Cruz supón unha boa nova para esta confraría que vén de afrontar campañas difíciles ante a ausencia do bivalvo en toda a ría.

    {flowplayer}barbanza/berberechoconfrariacabodecruz.flv{/flowplayer}

    Trátase de varios puntos nos que se detectou berberecho aínda moi pequeno. Dende a súa aparición estanse a realizar continuas mostraxes para comprobar a súa evolución. Aínda é cedo para realizar previsións xa que haberá que ver como se comporta no caso de que sobreviva xa que as constantes chuvias ameazan con reducir a salinidade da auga incrementando a mortaldade do marisco.

    No caso de obter unha boa resposta e conseguir que o berberecho medre e se reproduza non sería ata despois de verán cando se acadase a talla comercial. Aínda así, é difícil de determinar se isto acontecerá ou se os bos indicios finalmente quedarán en nada.

    Os mariscadores confían na reaparición do berberecho para conseguir recuperar a actividade condicionada na ausencia do bivalvo dende hai meses por mor da martelia.

    Para pósitos como os de Cabo de Cruz, con gran dependencia desta especie, suporía un respiro poder volver a extraer mexillón. Haberá que agardar para ver se os desexos poden converterse en realidade.

    Redacción Barbanza