Sanidade confirma a morte por covid dun home de 92 anos na área Santiago-Barbanza

BARBANZA>  Estaba ingresado no Clínico de Santiago e tiña patoloxías previas. Trátase  da primeira vítima mortal por esta doenza nesta área sanitaria dende finais de maio.

Despois de máis de catro meses rexistrouse un novo falecemento por covid na área Santiago-Barbanza. Trátase dun home de 92 anos que estaba ingresado no Hospìtal Clínico e tiña patoloxías previas. Con este falecemento son xa 110 as vítimas mortais totais por esta doenza dende que se iniciou a pandemia.

No parte de hoxe recóllense un total de 659 casos activos nesta área, quince máis ca na xornada de onte. Aínda así o ritmo de contaxios parece menor que o rexistrado a pasada semana. Dese total de casos activos, só once están ingresados en hospitais, e só un permanece a día de hoxe na unidade de críticos.

O número de pacientes curados ascende a 1963,  e as PCR realizadas superan xa as 53.800.

Sanidade informou ademais dos controis que lle está a realizar ó persoal docente da comarca estes días, previo ó inicio das clases, co fin de detectar algún caso positivo. Das 318 probas realizadas a profesores todas deron negativo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí