![]()
CAMBADOS> O Pazo Torrado acollerá a exposición do 12 ó 28 de abril. Está organizada pola Fundación Galega contra o Narcotráfico, co apoio de centros educativos e concello.
{flowplayer}images/salnes/ExpoSaudarte_100413.flv{/flowplayer}
Saudarte é unha exposición aberta a tódolos artistas noveis que desexen participar, tanto de Cambados como do resto de Galicia. O obxectivo principal desta mosta itinerante é divulgar entre a mocidade a arte como actividade de lecer saudable, fomentando a creatividade e a cultura. Dende a Fundación Galega contra o Narcotráfico consideran que a arte é unha boa arma de sensibilización social fronte a problemática do consumo de drogas.
En total serán 33 obras de 22 artistas diferentes as que serán expostas durante a vindeira quincena, boa parte delas asinadas por alumnos dos centros de ensino cambadeses.
A exposición arrancará este venres coa presentación oficial ás oito do serán. Estará aberta ó público entre 12 e o 28 de abril no Pazo Torrado.
Redacción Salnés








