A rúa Bao estrea imaxe para revitalizar o comercio local

    inauguracionruabao100.jpgBOIRO> O Conselleiro de Industria inaugurou a remodelación da rúa Bao, consistente na adecuación da vía, dotación de beirarrúas e novo mobiliario urbano.

    {flowplayer}barbanza/inauguracionruabao.flv{/flowplayer}

    A rúa Bao, unha das zonas comerciais máis antigas do casco urbano de Boiro, recuperou o seu antigo esplendor grazas á remodelación acometida con cargo ó plan Ágora – Agora Recomercia.

    A Xunta de Galicia investiu máis de 116 mil euros, o oitenta por cento do total, na mellora desta rúa que pretende volver a converterse nun eixo comercial de referencia no municipio. 

    Accesibilidade e aforro

    A reforma, ademais da mellora estética coa instalación de beirarrúas de pedra e mobiliario específico, baseouse nos criterios de accesibilidade e aforro enerxético.

    Ademais da modernización do comercio local, esta actuación permitiu a contratación de man de obra local e reverteu tamén nas empresas da comarca subministradoras de material.

    Redacción Barbanza