Fran Calo foi presentado coma candidato do PP en Outes

OUTES> Acompañado da plana maior do partido a nivel provincial, co presidente Diego Calvo e o secretario, Evaristo Ben, por varios dos candidatos do PP da comarca, así como tamén por numerosos militantes e simpatizantes, presentábase este pasado sábado na casa de cultura da localidade a Fran Calo coma o cabeza de lista dos populares outenses ás eleccións municipais do próximo 28 de maio.

Calo toma o relevo a Beatriz Molinos, actual voceira municipal e anterior candidata, para a que Diego Calvo tivo palabras de recoñecemento. Do candidato, dixo que era a persoa máis preparada para recuperar a alcaldía.

No seu discurso, Fran Calo mostrouse esperanzado en acadar un bos resultados nestas eleccións e recuperar, despois de catro anos, a alcaldía para o Partido Popular. E para iso comprometeuse a traballar, sen escatimar esforzos, xa que este é o único camiño, segundo el, para poder acadar as metas que un se propón na vida.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí