![]()
POIO> O PP insta ó goberno local a que aclare en que punto se atopa a redacción do PXOM. Segundo o voceiro dos populares o bipartito oculta información.
{flowplayer}images/salnes/PPPoio_110413.flv{/flowplayer}
Segundo Ángel Moldes o 3 de decembro o seu grupo político presentou unha solicitude ante o Valedor do Pobo para que investigase se existía documentación algunha que acreditase que dende o concello se estaba a elaborar o PXOM, algo que confirmou o Valedor pero que dende o goberno local aínda non o fixeron.
Trataríase do documento de inicio, paso previo á presentación do proxecto definitivo que debe ser entregado á Xunta. Dende o PP cren que BNG e PSOE tentan agochar algo.
Unhas xuntanzas que o PP si mantivo cos veciños das diferentes parroquias amosándolles ese primeiro documento que provocou xa as primeiras queixas.
O PP pide explicacións ó equipo de Luciano Sobral sobre estes asuntos e apunta ó anterior concelleiro de urbanismo como verdadeiro valedor deste PXOM. Engaden os populares que sospeitan que o PXOM definitivo xa está en mans do goberno local. O PP apuntou tamén ó Partido Socialista. Pídenlle que aclare a súa postura e que digan se teñen coñecemento ou non da existencia destes documentos.
Redacción Salnés











